A 5G e as súas contribucións á sustentabilidade, o 7 de outubro nunha conferencia no GaiásTech

venres, 1 de outubro do 2021 S. P.

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza este mes de outubro a conferencia A contribución da 5G á sostibilidade, impartida polo experto neste revolucionario estándar de telefonía móbil, Óscar García Cantón.
A cita será o 7 de outubro de 2021 ás 11.30h no centro GaiásTech da Cidade da Cultura (Monte Gaiás - Santiago de Compostela). Haberá aforo limitado e as confirmacións de inscrición realizaranse por orde de chegada ata completar aforo. A conferencia retransmitirase tamén en streaming.
Trátase dunha actividade organizada pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) enmarcado no plan de accións de difusión de 2021, en virtude do convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), para a posta en marcha de accións que fomenten a Sociedade da Información.
Participarán a directora de AMTEGA, Mar Pereira (ás 11.40, abrindo o programa), o presidente da AETG, Julio Sánchez Agrelo, e Óscar García Cantón. Ao remate está previsto un coloquio, arredor das 12.35 horas.

PUBLICIDADE