A 5G de Telefónica na banda dos 700 MHz xa está dispoñible en 38 concellos da provincia da Coruña

venres, 1 de abril do 2022 Redacción

Telefónica acendeu esta semana a 5G na banda dos 700 MHz na Coruña e Santiago de Compostela e nos seguintes concellos da provincia da Coruña: Abegondo, Ames, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boiro, Cabanas, Cambre, Carballo, Cee, Cesuras, Coristanco, Culleredo, Fisterra, Frades, Irixoa, A Laracha, Malpica, Muros, Narón, Neda, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, O Pino, Ribeira, Rois, Sada, Santa Comba, Teo, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño e Zas. Continúan así os traballos de extensión desta rede en toda Galicia, tras a autorización por parte do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para activar os nodos desta banda de frecuencias.
A banda de 700 MHz, tamén chamada banda baixa, permite dar unha cobertura máis extensa, penetra mellor en interiores e universaliza algunhas das características das comunicacións 5G, como é a baixa latencia. Deste xeito, convértese no complemento perfecto para a banda de 3,5 GHz, na que tamén opera Telefónica e que é idónea para servizos que precisan de moi alta velocidade de transmisión, pero que ten un alcance menor e atravesa peor algúns obstáculos como as paredes dos edificios, algo que si posibilita o sinal na banda de 700 MHz.
O aceso do 700 MHz avanza desta forma na provincia da Coruña de forma progresiva, xa que a Administración permitiu facelo en 60 instalacións á semana durante as primeiras semanas. Ademais, as operadoras teñen que comunicar previamente as poboacións onde se vai a acender, para que se comprobe que non hai interferencias coa TDT e váianse resolvendo nos casos puntuais en que se produzan. O obxectivo en toda España é terminar o ano con 1.400 municipios con 700 MHz e en 2023 chegar aos 2.400.
Co aceso do 700 MHz, Telefónica segue completando a cobertura 5G, que en España chega xa a máis do 80% da poboación, a todas as capitais de provincia e tanto ás grandes poboacións como a pequenas localidades de menos de 3.000 habitantes.

PUBLICIDADE