50 anos da primeira chamada de móbil

luns, 3 de abril do 2023 Marcus Fernández

Martin Cooper durante a demostración do seu prototipo de teléfono móbil en 1973

Un 3 de abril de 1973 foi a data na que Martin Cooper de Motorola, fixo a primeira chamada telefónica móbil, precisamente a Joel Engel, director dos Bell Labs (división de desenvolvemento de AT&T) e o seu principal competidor, dando comezo a unha guerra por liberar a telefonía dos fíos, da que o primeiro expoñente sería o Motorola DynaTAC 8000x (que comezou a venderse en 1983), que tiña unhas medidas de 33 x 4,5 x 8,9 centímetros, pesaba 800 gramos e a súa autonomía en conversa era duns 35 minutos (tras 10 horas de carga), limitacións que, xunto cun prezo de 3.995 dólares, non impediron que en cousa dun ano vendese unhas 300.000 unidades (chegando ao millón de usuarios de telefonía móbil nos EE.UU. en 1990).
Hoxe podemos celebrar o 50º aniversario a primeira chamada do que podemos entender como un teléfono móbil moderno, pois a telefonía celular levaban en desenvolvemento dende mediados do século XX, pero non foi até aquela histórica chamada de Martin Cooper cando puidemos ver un dispositivo que puidese levarse na man para facer unha chamada.

PUBLICIDADE