5 empresas virtuais competirán na final do play 2010 o vindeiro 8 de maio

luns, 26 de abril do 2010 Raquel Noya

Logo de cinco intensos meses de competición, aplicando á práctica os coñecementos adquiridos nas súas clases de empresariais e levando a cabo a súa propia empresa virtual a través dun simulador, os alumnos dos grupos Leche Kaprisa (IES Universidade Laboral de Ourense), Lácteos Amencer (IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia), Somalón (IES Río Cabe de Monforte de Lemos), Equipo A (IES Monte dá Vila do Grove) e Nira Milk SL (IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela), van ser os que participen na fase final do programa de simulación play! 2010 Desafío para novos emprendedores, posto en marcha pola Escola de Negocios Caixanova e o Instituto de Desenvolvemento Caixanova.
O programa de simulación da entidade galega vén de pechar esta fin de semana as catro semifinais provinciais, e os devanditos equipos serán os que participen na fase final do mesmo nos vindeiros días.
Tratábase da cuarta cita do xogo de simulación Play que reuniu a preto de 2.000 alumnos de 78 centros de Bacharelato de toda Galicia, ofrecéndolles a posibilidade de poñer en marcha unha empresa de lacteos virtual, que habería que xestionar durante un ano, tomando decisións sobre aspectos tan relevantes como as necesidades de producción, as propostas de marketing ou as estratexias para a venda, entre outras variables relacionadas coa xestión empresarial.
Grazas ao emprego dun software especificamente deseñado para esta iniciativa, as empresas compiten entre sí nun mercado similar ao real, no que as decisións que toman os outros equipos teñen repercusións nas estratexias que deseñan para converterse na “compañía líder do sector”.
Agora, estes cinco equipos participarán na fase final do Concurso que se celebrará o vindeiro día 8 de maio no Centro Social Caixanova de Vigo, onde optarán a facerse, entre outros premios, con algunha das becas de estudos por valor de 6.000 euros na Escola de Negocios Caixanova, así como cun elevado número de recompensas tecnolóxicas que inclúen ordenadores macbook, televisións, discos duros, móbiles, netbooks ou consolas portátiles.

Deloitte business game
Precisamente da Escola de Negocios Caixanova, son catro alumnos que participaron por segundo ano consecutivo na final da Deloitte Business Game, celebrada a pasada fin de semana en Madrid, onde logo de tres días de probas de simulación, lograron unha meritoria segunda praza no apartado de análise financieira e transaccións.

PUBLICIDADE