4.300 traballadores de Vodafone suben ao carro da 5G da man de Samsung
xoves, 6 de febreiro do 2020
Vodafone
España creou a meirande plataforma de usuarios 5G (Campus 5G) para que os
seus 4.300 empregados poidan gozar de solucións 5G e probar servizos,
cobertura, velocidades e outras funcionalidades da rede comercial 5G da
compañÃa. Esta plataforma tamén permitirá probar novos casos de uso en
escenarios de alta demanda e alta capacidade, xa que en Vodafone Plaza
congréganse habitualmente máis de 2.500 empregados.
Os empregados de Vodafone recibiron un Samsung Galaxy Note10+ 5G para poder
participar nesta iniciativa, contando cunha tarifa de datos ilimitada a máxima
velocidade nestes terminais, de xeito que convértense en embaixadores dos
servizos 5G comerciais dispoñibles dende hai meses en cidades como A Coruña e
Vigo.