3.000 chíos para conseguir unha tonelada de alimentos para animais desfavorecidos

mércores, 9 de novembro do 2016 Marcus Fernández

Twitter está a xuntar forzas coa plataforma solidaria CiviClub cunha campaña virtual que co cancelo #TwitterForGood anima aos tuiteiros a participar de xeito que daca un dos seus chíos transformarase nun día de penso para animais, de xeito que con 3.000 mensaxes será posible sumar unha tonelada de alimento para animais desfavorecidos.
A Asociación Nacional Amigos dos Animais (ANAA) será a encargada de xestionar a axuda recadada no seu centro para animais abandonados e maltratados, podéndose realizar un seguimento da campaña a través da súa páxina web oficial, na que indican o número de chíos da campaña e recollen algúns destacados para animar así a máis xente a participar, para o que só é preciso publicar unha mensaxe en Twitter na que se cite a conta @CiviClub e se inclúa o cancelo #TwitterForGood.

Unha das mensaxes recollidas dende TwitterForGood.es

PUBLICIDADE