21 cursos de dixitalización impulsan a Industria 4.0 en 300 empresas galegas
luns, 17 de setembro do 2018
Máis de 300 empresas participan nas dúas
convocatorias dos cursos formativos en materia de dixitalización que a
ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria, a través do IGAPE, puxo en marcha
este ano. Mediante 21 iniciativas organizadas por clústeres e colectivos
empresarias dos diferentes sectores produtivos, a
Xunta activa novos espazos de colaboración e formación para a xeración de
proxectos en materia dixital nas PEME galegas.
O obxectivo deste programa é apoiar a posta en
marcha de sistemas informáticos nos catro ámbitos que teñen máis potencial para
aportar valor ás empresas: os proxectos colectivos de soporte a procesos
sectoriais multiempresa, os proxectos individuais de conectividade
interempresarial, de conectividade intraempresarial e de intelixencia
artificial.
Estes cursos formativos abranguen distintos
sectores produtivos e abordarán aspectos como a transformación dixital da
automoción galega, o mercado tecnolóxico das comunicacións dixitais, a aplicación
da tecnoloxÃa 4.0 aos viñedos e ao aprovisionamento e expedición dos produtos
pesqueiros, a construción e reparación do naval 4.0, e a visibilidade dos
produtos tecnolóxicos innovadores para a dixitalización industrial.
Ao mesmo tempo, a Conselleira de EconomÃa,
Emprego e Industria mantén ata o 21 de setembro aberto o prazo para a
presentación de solicitudes ás axudas á dixitalización, unha liña de apoio
activada tamén este ano ao abeiro da Axenda Industria 4.0 e que conta con
financiamento a través Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
AsÃ, a Xunta destina este ano cinco millóns de
euros a impulsar iniciativas que xeran proxectos colectivos de dixitalización e
que reforzan a aposta por un modelo de PEME 4.0, dixital, innovadora e
exportadora, mediante os investimentos e a especialización en aspectos como o Big
Data, a interconexión entre empresas, a aprendizaxe automática ou a
dixitalización de procesos de traballo.