120 telecentros galegos axudan a achegar aos cidadáns á Administración electrónica
xoves, 26 de marzo do 2009
Galicia conta xa
cun total de 120 telecentros dende os que os cidadáns, sobre todo a poboación
rural, poden ter acceso ás distintas ferramentas que facilita a Administración
electrónica. Un total de 45 persoas axudarán aos usuarios a utilizar ese tipo
de medios que teñen por obxectivo axilizar o traballo da Administración. A web do 060, un portal que está a
funcionar dende o 2006, ofrécelles máis de 1.200 servizos.
A iniciativa, financiada polos ministerios de Industria e Administracións
Públicas, foi
presentada esta semana en A Coruña polo delegado do Goberno, Manuel
Ameijeiras; a subdirectora xeral adxunta de Innovación do Ministerio de
Administracións Públicas, EloÃsa Paredes, e o voceiro de red.es, Rafael
Chávarri. Entre os trámites que poden realizarse a través desta web, segundo
explicou o delegado do Goberno, está a renovación do carné de conducir, acceder
a información sobre pensións, desemprego ou seguridade social, denuncias de
violencia machista ou asuntos laborais. En total son uns 700 trámites da
Administración Xeral do Estado e outros especÃficos da comunidade autónoma como
acceder ao portal de Turismo, pedir cita médica ou información sobre accesos
virtuais.