1 de cada mil mensaxes en Twitter están en galego

mércores, 23 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Dende o Web Ecology Project desenvolveron unha ferramenta que fai uso da tecnoloxía de Google a través de Python para detectar a linguaxe na que están escritos os textos, e a aplicaron a un millón de anotacións publicadas en Twitter, deducindo que a lingua máis empregada nesa plataforma de microblogging é o inglés (61,925%) seguido do portugués (9,509%), o xaponés (6,073%) e o español (2,886%), aínda que tamén resultou certamente destacable o feito de que o galego quedase entre as 20 linguas máis usadas co 0,104% dos tuiteos analizados.
Este experimento non tería categoría de estudo rigoroso, pero que 1 de cada 1.000 mensaxes publicadas en Twitter estean en galego é rechamante, pois unha lingua autonómica consegue estar moi preto doutras coma o polaco, o turco ou o finés.

PUBLICIDADE