1&1 merca Arsys por 140 millóns de euros

luns, 19 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Unha das compañías especializadas en servizos de hospedaxe de páxinas web a nivel español, Arsys Internet, S.L., anuncia hoxe un cambio de mans, de xeito que os seus accionistas orixinais e as empresas de capital risco The Cralyle Group e Mercapital acordaron a venda da totalidade da compañía a United Internet AG, coñecida principalmente polo seu selo 1&1, que desembarcou en España en 2007 dun xeito moi agresivo (ofrecendo espazo web de balde por 2 anos).
Arsys é unha das compañías líderes do seu sector en España, con 290 empregados, 150.000 clientes, 40 millóns de euros/ano de facturación e un EBITDA de 15 millóns de euros, e polo momento a compañía manterá o seu equipo directivo e seguirá a funcionar como empresa independente, de xeito que non se prevé a fusión das marcas Arsys e 1&1.
A operación de compra de Arsys por parte de United Internet AG valorouse en 140 millóns de euros, que abonaranse en efectivo, e esperan que se complete nos vindeiros días.
United Internet AG non só ofrece servizos a través de 1&1, pois a compañía alemá engloba un total de 6.490 empregados e ten entre as súas marcas GMX, WEB.DE, united-domais, Fasthosts, InterNetX, affilinet e Sedo, sumando uns 44 millóns de contas de clientes en todo o mundo.

PUBLICIDADE