iAno, emulador de piano para iPhone

luns, 18 de febreiro do 2008 Raquel Noya

Até o de agora, tocar a guitarra sen guitarra xa era posible, amais de con outros dispositivos, co Pocket Guitar de iPhone, unha aplicación que lle permitía ó usuario practicar nun instrumento virtual as cancións que tiña almacenadas na memoria do seu terminal.
Seguindo esta moda de meter instrumentos virtuais nos dispositivos electrónicos (sobre todo nas videoconsolas), iPhone vén de presentar o seu último emulador, o iAno, unha aplicación de piano virtual cun desafortunado nome que vén de dar lugar a un gran número de enxeñosas frases na Rede e que non deixa de sorprender aos que o probaron.
“Encántame tocar o meu Ano”, “Quedóuseme colgado o meu Ano” ou “non me entra a oitava no meu Ano” son só algúns dos exemplos que se poden atopar na Rede sobre o novo emulador de piano do iPhone, mais, lonxe de brincadeiras, o certo é que a aplicación non ten nada que envexar a calquera outro emulador de instrumentos virtuais dos que se atopan a día de hoxe no mercado. Pois, entre outras cousas, conta cun completo teclado de catro oitavas, multi-toque, posibilidade de premer en até 5 teclas a un tempo e realizar acordes complexos... en resumo, un completo emulador que segundo certos usuarios “soa como un verdadeiro piano”.
A aplicación mostra na pantalla multitáctil do iPhone las teclas do piano en bloques de catro oitavos sobre as que o usuario se pode desprazar para tocar o que queira.

PUBLICIDADE