O Microsoft Copilot chega a iOS

martes, 2 de xaneiro do 2024 Marcus Fernández

A semana pasada Microsoft estreaba a súa aplicación de Copilot para Android, e finalmente esta ferramenta para dispositivos móbiles está dispoñible para iOS, de xeito que usuarios de iPhone e iPad poden gozar de balde das posibilidades do chat de Microsoft impulsado pola tecnoloxía de GPT-4 e DALL·E 3.
Con Microsoft Copilot os usuarios poden conversar cunha intelixencia artificial para redactar correos electrónicos, compoñer historias ou guións, resumir textos complexos, traducir textos, crear itinerarios de viaxe e moitas outras creacións de texto ás que tamén hai que sumar un creador de imaxes (dende ilustracións até imaxes fotorrealistas).
Temos así toda unha ferramenta para mellorar a produtividade, que pese a chegar da man de Microsoft, está a ter unha magnífica aceptación na App Store, onde é xa líder en descargas na categoría de produtividade.

PUBLICIDADE