Yoigo estrea unha tarifa de Internet móbil sen compromiso de permanencia

mércores, 18 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Modem USB de Yoigo

A operadora Yoigo estrea unha tarifa de datos para o ordenador para conectarse á Internet a través de UMTS que por 25 euros/mes permite descargas a unha velocidade de ata 384 Kbps cun límite mensual de 1 Gb, tralo que a velocidade se reduce a 128 Kbps (e se factura a 1,5 céntimos/Mb cuto tope mensual de 70 euros para protexer ao consumidor de gastos imprevistos).
Pero o máis destacable desta nova oferta de Yoigo, que definen como «Internet para levar», é que non ten compromiso de permanencia e permite a adquisición dun modem USB Huawei E220 por 39 euros, polo que a moitos usuarios lles podería interesar a promoción para facerse co dispositivo a bo prezo, xa que permiten a baixa tralo primeiro mes de uso.
Yoigo agarda captar usuarios de cara ao verán (para conectarse no período estival en lugares onde non se conta con ADSL ou cable) e cómpre destacar que o contrato funciona en meses naturais.

PUBLICIDADE