Yoigo, en venda

luns, 1 de decembro do 2008 Raquel Noya

A empresa sueca Yoigo, na actualidade o cuarto operador de telefonía móvil no noso país, ao que, segundo parece, lle vai bastante peor que á súa compatriota Ikea, vén de pendurar o cartel de “Véndese” nas portas dos seus establecementos.
Os inversores da firma de telefonía aseguran non estar dispostos “a perder un euro máis” ou, mellor dito, “a non agardar máis para facerse cun puñado de euros” (que impaciencia a dos empresarios que viven do consumismo destes tempos) e decidiron vender a compañía.
Yoigo non deixará de prestar servizo (entre outras cousas porque non pode facelo debido ao acordo que ten co goberno por facerse cunha licenza) pero vén de comprobar como se dispararon os seus gastos debido á competencia dos operadores de telefonía móbil virtual (aqueles que non teñen rede propia senón que a alugan como Simyo) e sobre todo, a un erro na súa estrategia de mercado.
A compañía chegou a España con ideas interesantes máis non foi quen de levalas a cabo e agora ve como os seus servizos non poden competir cos de outras compañías que sacan beneficio a conta de apretar os petos dos seus usuarios sen compaixón.
Yoigo non tivo en conta a dureza do mercado español e para adaptarse a el tivo que ir reaxstando as tarifas e facilidades que nun primeiro momento lle comezou dando aos seus clientes potenciais.
Neste momento e dende hai algúns meses, xa se mostraron interesados pola compañía, France Telecom (propietaria de Orange e Ya.com) e ONO, que, segundo vén de anunciar a mesma fonte, “tamén esta buscando comprador”.

PUBLICIDADE