Xa ten gañador o concurso da Tecnópole para celebrar o Día das Letras Galegas

xoves, 19 de maio do 2016 Redacción

Finalmente xa ten gañador o concurso da Tecnópole convocado para celebrar o 17 de maio, Día de Internet e Día das Letras Galegas, un certame que consistiu en buscar o mellor refrán na nosa lingua e no que puidemos participar vía Twitter ou a través de correo electrónico. Segundo informa o Parque Tecnolóxico de Galicia, o gañador do concurso foi Alberto Chousa, pola seguinte achega refraneira: “Non hai pouco que non chegue, nin moito que non se acabe”.
O concurso, aberto a todas as persoas que traballan no Parque, consistiu en enviar o refrán favorito en galego a través da canle de Tecnópole en Twitter, precedido da referencia #omellorefrán, ou á conta de correo isabel@tecnopole.es. Valoráronse de xeito especial os seguintes parámetros: a sonoridade, o significado e a orixinalidade.

PUBLICIDADE