Vodafone modifica as súas tarifas de prepago e contrato particular

luns, 2 de marzo do 2009 Raquel Noya

Cadro de tarifas publicado por Xataka Móvil

A caída dos ingresos por voz “sufridas” polas operadoras durante o último ano semella ter feito reaccionar a Vodafone, quen vén de anunciar que modificará unha parte dos seus plans de voz a partir do vindeiro 14 de abril, facendo caso omiso ás queixas dos clientes que non ven mellora nos servizos ofrecidos, máis sí observan un incremento constante de anuncios non desexados por parte da operadora.
Este cambio suporá o incremento do prezo por minuto de varias das súas tarifas, aínda que será camuflado con algunha pequena baixada noutras modalidades así como coa ampliación do número de minutos de balde no seu paquete de 60x1, Vitamina.
Este cambio vaille permitir á operadora nacional recadar un pouco máis nas chamadas máis habituais: as curtas, aínda que os clientes da tarifa Vitamina pasarán a ter 90 minutos de balde en chamadas no tanto dos 60 ofrecidos ata o de agora.
Os cambios afectaranlle aos clientes de tarxeta prepagamento e aos de contrato particular, que verán incrementadas as tarifas do prezo por minuto en chamadas nacionais, de 19 a practicamente 20 céntimos por minuto e de 35 a 38 céntimos por minuto no caso dos primeiros.
A web Xataca achega hoxe un cadro moi ilustrativo da modificación destas tarifas, onde se inclúen os prezos actuais e os que se aplicarán a partir do 14 de abril, a data establecida por Vodafone para comezar a “engordar” os seus beneficios netos.

PUBLICIDADE