Vodafone elimina ou reduce os compromisos de permanencia dos seus móbiles

mércores, 19 de xuño do 2013 Redacción

Os operadores móbiles tradicionais, en vista de que entrar nunha guerra de prezos cos OMV non parece ser a mellor política para atraer a clientes doutras compañías, adoptan outras medidas para gañar en atractivo, e así estes días puidemos ver como Vodafone España elimina o compromiso de permanencia das súas tarifas cando o cliente non adquira un terminal, á vez que os clientes tanto novos como actuais que se fixeran cun móbil ao contratar a súa tarifa verán como o seu compromiso de permanencia pasa de 24 a 18 meses. Os novos clientes de Vodafone Integral (Vodafone ADSL + Base ou RED) tamén ven reducido o seu compromiso de permanencia de 18 a 12 meses.
Pero estas non son as únicas melloras nas súas tarifas de Vodafone, senón que tamén está a axustar os seus plans de prezos con máis valor e novas vantaxes como a extensión dos beneficios de Vodafone yu aos clientes de contrato cunha nova tarifa que por 20 euros/mes inclúe chamadas e mensaxes ilimitados con outros Vodafone yu, 200 minutos a todos, 1 Gb de datos e SMS ilimitados; lanza a tarifa para Hablar y Navegar en Europa RED, que permite aos clientes de Vodafone RED falar e navegar por outros países da Unión Europea por 4 euros/día cun límite mensual de 1.000 minutos, 1.000 SMS e 1 Gb de datos; amplía os minutos da tarifa Base3 de 250 a 350 minutos mantendo o prezo; e ata o 31 de xullo ofrecerá descontos de ata 50 euros na compra de terminais para os clientes de Vodafone Integral.

PUBLICIDADE