Vodafone amplía un ano a súa promoción de chamadas ilimitadas

luns, 16 de xullo do 2012 Marcus Fernández

As agresivas promocións móbiles que chegan este verán con tarifas ilimitadas (ou case) de operadores como Yoigo ou Amena están a levar ás compañías tradicionais a reacción dun xeito máis radical do agardado inicialmente, agora dan a coñecer que a promoción de Vodafone con chamadas ilimitadas a todos os operadores por 5/10 euros/mes vén de ampliarse, de xeito que poderá contratarse ata o 30 de setembro, pero terá vixencia ata o 31 de agosto de 2013 (un ano máis do previsto).
A promoción aplícase a tarifas por talles ás que por 5 euros/mes (agás ás tarifas S e @S, que terían que engadir 10 euros á súa cota) poderán chamar de xeito ilimitado (sen superar 2 horas por chamada nin 200 destinos/mes), sen compromiso de permanencia adicional e sendo compatible coa subvención de terminais, polo que, aínda que sexa unha oferta máis cara que dos seus maiores competidores, pode compensar a certos usuarios.


Anuncio televisivo da promoción de verán de Vodafone

PUBLICIDADE