Artigos desta sección
Hospital Tycoon: coma nunha serie de televisión
Os hospitais semellan estar máis de moda ca nunca como escenarios de argumentos de ficción, e o universo dos videoxogos é en certa medida responsable desa (se cadra máis ca nunca necesaria) desdramatización do ambiente sanitario. En breve, teremos un novo exemplo diso. Chámase Hospital Tycoon e estará en xuño dispoñible para PC. O xogo presenta un espazo físico (...)
Ler máisA Wii: elixida na Web icona gai
Coas iconas gai, nunca se sabe. E dicirmos isto polo seguinte: quen ía imaxinar que esa consola de vídeo xogos da que tanto se fala e de nome tan particular, Wii, ía converterse co paso das semanas nun obxecto de culto da comunidade homosexual? Isto non o dicimos nós, senón os lectores de Chueca.com, e as súas razóns para terlle posto ó devandito aparello de (...)
Ler máisOs Piratas do Caribe desembarcarán nas nosas costas a partires de maio
O vindeiro 22 de maio, coincidindo coa estrea da terceira película dos máis aloucados e teimudos piratas da factoría de Jerry Bruckheimer, Piratas del Caribe: en el fin del mundo, sairá a venda un xogo para vídeo consolas e PCs baixo o mesmo título que probablemente non pasará desapercibido polos seguidores desta saga. O xogo desenvólvese en diversos (...)
Ler máisSae á luz o tráiler do GTA IV, e non defrauda
“A vida é complicada. Matei, trafiquei, vendín xente, se cadra aquí as cousas sexan diferentes”. Así de rotundo vén de chegar o agardadísimo tráiler de GTA IV. Con este suxestivo vídeo titulado As cousas serán diferentes, Rockstar fornécenos dunha miúda pero substancial xanela ó aspecto final do xogo, cun acabado gráfico impresionante, todo luxo de detalles e moito (...)
Ler máisUn videoxogo recrea como sería un mundo sen derivados do petróleo
Os xogos estanse a converter nun elemento de primeira orde para que organizacións de todo o mundo lancen as súas mensaxes solidarias, ecolóxicas ou pacifistas, sabedoras de que este eido é un terreo común onde reunirse coa mocidade e seren escoitadas, achegando ó mesmo tempo o seu particular contraataque a unha boa parte da industria que insiste en (...)
Ler máisDúbidas sobre o éxito da PS3 no mercado europeo
Coa Play Station 3 pasa como con case tódalas novidades de mercado que se fan agardar de máis, sexan tecnolóxicas ou non. É dicir: tanto esticou o fío Sony, a casa fabricante, que para moitos usuarios rematou por crebar, e a vontade de crítica prima sobre todo o demais. A iso hai que engadir un prezo de saída en España de 600 euros que para moitos seareiros (ou (...)
Ler máisA PlayStation 3 chega a España nun ambiente de gran expectación
Fíxose agardar, é certo, pero a última “obra de arte” de Sony vén de desembarcar no mercado español. A PlayStation 3, tan agardada polos amantes dos videoxogos (e tamén polos afeccionados ó cinema na casa), concentrará ó longo do día de hoxe (e probablemente dos vindeiros días) unha boa parte da atención dos medios. E é que este enxeñoso aparello, que será (...)
Ler máisPeriférico novidoso para a PS3
Especialmente indicado para os que adoitan a xogar por ordenador e que non poden ter ó alcance da man as últimas estreas creadas exclusivamente para esta consola (un catálogo que se nutre de exitosas sagas como Metal Gear, Devil May Cry ou Final Fantasy, todos eles cunha potente capacidade gráfica), a empresa SplitFish, vén de presentar un dispositivo que (...)
Ler máisXbox Live presenta Symphony of the Night: ideal para noctámbulos
Este mércores 21 de marzo os usuarios de Xbox 360 xa terán ó alcance da man (mellor dito: ó alcance do rato) o videoxogo Symphony of the Night, un produto que como se pode deducir to título vai encamiñado a toda esa franxa de seareiros que sempre lle atopan á noite e as criaturiñas que se moven nela máis méritos có día. O videoxogo en cuestión, que se poderá (...)
Ler máisChega o primeiro xogo escolar dixital sobre patentes
O primeiro xogo escolar de Patentes e Marcas, destinado a familiarizar ós usuarios coas nomenclaturas e cos procedementos da protección dos dereitos da propiedade industrial (ó parecer de xeito ameno e divertido aínda que semelle complicado) xa é unha realidade. Patentes e Marcas, desenvolvido pola Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) en colaboración (...)
Ler máis0 | ... | 6530 | 6540 | 6550 | 6560 | 6570 | 6580 | 6590 | 6600 | 6610 | ... | 6650