Artigos desta sección
A feira GDC de San Francisco reúne até o venres a 12.000 profesionais do videoxogo
Unha boa parte da materia gris que desenvolve hoxe en día videoxogos no mundo estará presente estes días en San Francisco (Estados Unidos), onde se vai celebrar até o día 9 a feira Game Developers Conference, que semella encamiñada a chegar a onde non puído ou non quixo chegar a E3 de Los Angeles (onde só hai espazo para 5.000 participantes). A GDC, que (...)
Ler máisTrackMania: o tuning como estilo de vida
Hoxe en día, un xogo de coches que non lle permite ó usuario tunear o seu vehículo non semella un videoxogo actualizado cos tempos que corren (tunear, a fin de contas, é unha maneira de dicir “aquí estou” nunha sociedade que afoga e parece que se perpetúa a si mesma en serie). Enleadas aparte, a práctica do tuning é un das moitas posibilidades que ofrece (...)
Ler máisA ONU presenta un xogo en liña para loitar contra os desastres naturais
A Oficina para a Redución de Desastres das Nacións Unidas, vén de presentar Stop disasters (Deteñamos os desastres), un videoxogo que ten como obxectivo amosarlle á mocidade vieiros para implementar nos lugares onde viven medidas preventivas ante o risco de desastres naturais. Este videoxogo, que non ten nada que ver cunha boa parte das últimas novidades do (...)
Ler máisTiger Woods PGA Tour 07: simulación real do golf (e sen especulación de por medio)
Tiger Woods PGA Tour 07 é un deses xogos que, de tanto achegarse á realidade da práctica deportiva da que se nutre, semella tan desfrutable ou máis ca esta, e aínda por riba ceibándonos de toda responsabilidade no esgotamento dos recursos acuíferos ou mesmo de tequemanexes inmobiliarios e urbanísticos. Ironías aparte, o videoxogo do que falamos xa está a ser (...)
Ler máisO Consorcio Audiovisual de Galicia abre a convocatoria para o curso Introdución á Industria dos Videoxogos
Por diante do cine, da música ou mesmo das películas de vídeo, o consumo de videoxogos supón o 35 por cento do total do gasto en lecer audiovisual. O espectacular crecemento deste mercado nos últimos anos vén de animar ós profesionais do sector a abordar novos proxectos nesta industria. Na liña de favorecerlles o camiño e de apoiar o desenvolvemento deste (...)
Ler máisA Wii de Nintendo consolídase como a videoconsola máis vendida en xaneiro
A compañía de investigación de mercados NPD vén de facer públicas as cifras de vendas das consolas de nova xeración no pasado mes de xaneiro en Estados Unidos. Segundo a mesma, a Wii de Nintendo gabeou até a primeira posición como a consola de videoxogos máis vendida, coa nada desprezable cifra de 436.000 unidades. A Xbox360 sitúase como a segunda consola de (...)
Ler máisA Wii de Nintendo consolídase como a videoconsola máis vendida en xaneiro
A compañía de investigación de mercados NPD vén de facer públicas as cifras de vendas das consolas de nova xeración no pasado mes de xaneiro en Estados Unidos. Segundo a mesma, a Wii de Nintendo gabeou até a primeira posición como a consola de videoxogos máis vendida, coa nada desprezable cifra de 436.000 unidades. A Xbox360 sitúase como a segunda consola de (...)
Ler máisExpomanga: tres días de cómics e videoxogos arredor da cultura xaponesa
O manga e a cultura xaponesa en xeral teñen en todo o mundo unha importante lexión de seareiros, coma unha especie de loxia onde moito é o que se sabe dentro dela sobre o tema e moi pouco fóra. Ou sexa: que se non estás na allada, non vas entender nada. Se cadra un bo xeito de solucionalo é acudir a encontros como o que se vai celebrar en Madrid entre os días (...)
Ler máisMotoGP2 ou como poñernos na pel dos mellores pilotos
FX Interactive segue a poñer no mercado produtos a bo prezo e accesibles para o común dos seareiros dos videoxogos. Desta volta, é a quenda dos afeccionados ó motociclismo, que teñen en MotoGP 2 a opción de pilotar de xeito virtual e de facer sobre dúas rodas virtuais todo o que nas reais non lles está permitido (e menos mal). O xogo vén con 16 circuítos (...)
Ler máisWiitoob.com: o Youtube especialmente deseñado para a Wii
Especialmente pensado para os wiinómanos (non se me ocorre outra definición mellor para os amantes da exclusiva consola de Nintendo) e, como non, para os que apostan forte polo futuro dos vídeos en liña, sae á luz o WiiToob, unha adaptación do popular portal web YouTube deseñada para ser vista en pantallas grandes dende o navegador da Wii. Se deitarse no sofá, (...)
Ler máis0 | ... | 6520 | 6530 | 6540 | 6550 | 6560 | 6570 | 6580 | 6590 | 6600 | ... | 6630