Un dos fundadores de Jajah vaticina que as chamadas telefónicas serán case de balde no futuro
mércores, 23 de maio do 2007
O
xornal El Mundo entrevistou a Roman
Scharf, cofundador de Jajah, comentando os servizos de telefonía IP que
oferta a súa compañía e que destacan por non precisar o ordenador para establecemento
das chamadas, sendo tamén
compatibles co móbil e achegando así unha telefonía económica e doada de
utilizar.
Scharf afirmou que “a telefonía será
practicamente gratuíta no futuro” comparando o servizo de voz con outros
servizos universais como a auga corrente, posto que “a chave é manter a conectividade”, tendencia que xa se comeza a ver
no mercado español actual con tarifas planas.
Tamén asegurou que a súa empresa non supón unha ameaza para as operadoras telefónicas
tradicionais, posto que os usuarios de Jajah
non se dan de baixa as súas liñas telefónicas por contar con tarifas caras e
tamén perciben un importe polas chamadas efectuadas a través do servizo (que
son locais).