Tuenti Móvil ofrece aos seus clientes datos de balde a través da súa aplicación móbil

xoves, 13 de xuño do 2013 Marcus Fernández

O Operador Móbil Virtual (OMV) de Movistar, Tuenti, quere gañar cota de mercado, e para conseguir diferenciarse da competencia estrea Zerolímites, unha nova prestación que pode aplicarse a calquera das tarifas de Tuenti Móvil e que facilita o uso da aplicación móbil Tuenti Social Messenger para realizar comunicacións de voz, chatear e compartir contidos sen que o seu tráfico de datos consuma tráfico da bono de datos contratado, o que permite que incluso poida manterse o contacto cos amigos (aínda que estean con outros operadores) tras esgotar o saldo da liña.
Zerolímites activarase de xeito automático cos bonos de datos de Tuenti Móvil, manténdose ata 30 días despois de caducar o bono de datos (prorrogándose outros 30 días se o consumo do mes anterior foi superior aos 6 euros). Este servizo engadido está limitado a 1 Gbyte de transferencia de datos, recibíndose unha alerta cando un usuarios se achegue a tal límite.
Poderán gozar de Zerolímites todos os clientes de Tuenti Móvil cunha tarifa adquirida despois do 15 de febreiro de 2012, aplicándose para os clientes actuais de contrato que instalen a nova versión da aplicación móbil de Tuenti, mentres que os clientes de prepagamento terán que agardar á activación do seu vindeiro bono de datos para poder facer uso deste novo servizo.

PUBLICIDADE