Telefónica lanza un novo contrato para aforrar nas chamadas a móbiles

luns, 20 de abril do 2009 Raquel Noya

A operadora nacional Telefónica, que non acaba de desfacerse do seu nome de toda a vida para pasar a ser Movistar, tal e como nos anunciaron hai un tempo, vén de estrear un novo contrato que lle permite aos seus clientes falar e enviar mensaxes de texto (SMS) dentro do territorio nacional a calquera hora e operador a un prezo único de 9 céntimos (10,4 co IVA incluído) por minuto falado e por SMS enviado.
O Contrato Simple, que así se chama a nova opción, está especialmente dirixida a aqueles clientes particulares que xa dispoñen dun terminal e buscan unha tarifa barata que se adapte ao seu uso real do móbil, sen depender de horarios ou do operador ao que pertence o receptor da súa chamada.
Ésta modalidade é compatible coa Tarifa Juntos e Puente Movistar, así como cos módulos de datos e roaming, e non ten compromisos adicionais, salvo un consumo mínimo de 9 euros ao mes (10,4 con IVA). As chamadas compútanse en segundos dende o primeiro segundo e o establecemento de chamada é de 15 céntimos de euro.
Este novo contrato non está asociado a ningún compromiso de permanencia por parte do cliente e non participa no programa de puntos de Movistar aínda que os clientes que se pasen a esta opción manterán os que xa acumularan con anterioridade.
Esta nova tarifa pode contratarse en calquera distribuidor oficial e en Tendas Movistar ou chamando de balde dende un móbil da operadora ao 609 (e ao 1485 dende calquera outro teléfono).

PUBLICIDADE