Telefónica escolle a Verizon Global Wholesale para prestar servizos móbiles nos Estados Unidos

martes, 6 de xullo do 2010 Raquel Noya

A compañía de telecomunicacións, Telefónica, unha das máis grandes do mundo en termos de capitalización bursátil, vén de apostar por Verizon Global Wholesale para cubrir as necesidades dos seus clientes multinacionais de servizos móbiles en Estados Unidos, a través dun servizo prestado por unha marca branca baixo contrato.
Na actualidade Telefónica presta servizo a máis de 800 compañías multinacionais a través de Telefónica Multinational Solutions, moitas das cales requiren servizos en EEUU. Baixo os termos do contrato de moblidade asinado esta mesma semana, Telefónica xestionará coa súa marca os servizos de telefonía móbil que lle presta aos seus clientes multinacionais presentes no mercado estadounidense, así como o resto de servizos que ofrece.
Con este acordo, Telefónica pode ofrecer un servizo móbil de alta calidade en Estados Unidos, así como reforzar a relación xa existente con Verizon.
O servizo de Mobilidade de Verizon Global Wholesale inclúe voz sen fíos, mensaxes de texto e paquetes de banda larga; asemade, ofrece plans de prezos por volumen, tanto por minuto como por megabyte, así como plans de prezos en paquetes de voz e de datos.
A través destas opcións, ademais dun conxunto de solucións BlackBerry, os clientes mayoristas poden personalizar as súas ofertas para atender as necesidades específicas dos seus clientes. Verizon Global Wholesale tamén ofrece asesoramento técnico e apoio en vendas, e dispón dun inventario de auriculares e tarxetas de rede sen fíos de marca branca dispoñibles para compra e personalización.

PUBLICIDADE