Telefónica deberá dar servizo maiorista de VoIP
xoves, 18 de decembro do 2008
- Imaxe de Jason Nicholls ilustrando o concepto de VoIP
O consello da
Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) aprobou a creación
dun novo servizo maiorista de voz sobre IP polo que obriga a
Telefónica a pór a disposición de operadores alternativos este tipo de
comunicacións a prezos orientados a custos, non sendo preciso que se asocien a
paquetes de banda larga e voz (ou sexa, que non se podÃa contratar a telefonÃa
IP por separado).
A CMT tamén liberou
completamente os mercados de tráfico, ou sexa, as chamadas de
teléfonos fixos, de xeito que Telefónica xa non deberá presentar as súas
ofertas ante a CMT (que podÃa paralizalas se as consideraba anticompetitivas)
aÃnda que estes trámites non desaparecen no caso de que se asocie a voz a
servizos de datos.