T-Mobile ofrece o iPhone libre en Alemaña por 999 euros

venres, 23 de novembro do 2007 Marcus Fernández

A venda dos móbiles iPhone en Europa supón todo un reto regulatorio, dado que en países coma Alemaña ou Francia non está permitido o monopolio de terminais por parte de operadoras, de xeito que é preciso que se poidan mercar libres, polo que Vodafone presentou unha demanda en Alemaña que forzou a prohibición cautelar da comercialización por T-Mobile do iPhone cun contrato de 2 anos e bloqueado para a súa rede, polo que a filial de Deutsche Telekom reaccionou ofrecendo o iPhone libre a 999 euros, de xeito que cumpren coa lei aínda que sitúen o móbil a un prezo realmente prohibitivo.
Amais, os que mercaran o iPhone dende o 19 de novembro poderán desbloquear o seu terminal de balde, pero ó empregar o seu móbil para tarxetas SIM distintas ás de T-Mobile perderán parte das prestacións do iPhone.
Grazas a estas cambios de T-Mobile os consumidores poderán seguir mercando o iPhone por 399 euros xunto cun contrato de 2 anos que inclúe tarifa plana de datos e un certo número de chamadas e mensaxes SMS incluídos por entre 49 e 89 euros/mes, o que explica por qué o prezo do terminal libre resulta tan caro.

PUBLICIDADE