Sony chama a revisión a 440.000 portátiles

venres, 5 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O perigo de explosión ou incendio das baterías de ordenadores portátiles continúan a dar problemas a Sony (especialmente minando a confianza dos consumidores nos seus produtos que presumen dunha calidade que non están a demostrar) e tras máis de 200 casos documentados de quecemento excesivo (entre a pantalla e o corpo do portátil) en ordenadores da serie Vaio TZ fabricados entre maio de 2007 e xullo de 2008 decidiron chamar a revisión aos 440.000 ordenadores afectados en todo o mundo (agardando que precisarán de reparación uns 67.000) sen cargo para os usuarios que poden acadar máis información sobre o tema na web de Sony.
O fabricante nipón asegura que os equipos non corren risco de incendio nin de producir graves lesións, aínda que recoñecen que 7 persoas resultaron feridas a causa do problema detectado.

PUBLICIDADE