SanDisk incorpora ao seu catálogo tarxetas microSDHC con 32 Gb de capacidade

martes, 23 de marzo do 2010 Marcus Fernández

A capacidade de almacenamento interno dos teléfonos móbiles non precisa ser moi elevada, especialmente dende que moitos terminais aceptan a súa ampliación mediante tarxetas microSD, pois agora fabricantes coma SanDisk están a incorporar ao seu catálogo tarxetas de memoria cunha capacidade de 32 Gb que, aínda que nun primeiro momento resultan bastante caras (o seu prezo recomendado é de 199,99 dólares), fan que os smartphones coma os que utilizan Android e que tenden a apoiarse en memorias deste tipo, poidan facer uso de capacidades propias de terminais moi avanzados.
O lanzamento deste tipo de tarxetas de memorias podería ser produto, en boa medida, da demanda de terminais coma o Nexus One, que nas súas especificacións indica que opera con tarxetas de microSD de ata 32 Gb, o que na práctica era imposible de atopar nas tendas, o que agora soluciónase, aínda que a un prezo moi superior á compra de dúas tarxetas coa metade de capacidade.

PUBLICIDADE