Samsung anuncia o seu modem 4G para móbiles

mércores, 2 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Samsung contribúe a dotar de conectividade 4G a terminais móbiles

Samsung anunciou hoxe que rematou o desenvolvemento o primeiro modem LTE (para comunicacións móbiles 4G) que cumpre cos estándares aprobados o pasado mes de marzo (actualizando os estándares previos publicados en decembro de 2008) e que permitirá descargas de ata 100 Mbps e subidas a 50 Mbps na banda dos 20 MHz, asegurando o futuro da banda larga móbil, que poderá continuar a facer fronte ás comunicacións fixas durante os vindeiros anos (permitindo incluso a reprodución en tempo real de vídeo en alta definición).
Este modem 4G responde á marca Kalmia, pero Samsung non cesa aí, e tamén presenta o Broom, que será un modem 3G que aproveitará a evolución do HSPA para permitir descargas ata a 28 Mbps cunha subida de ata 11,5 Mbps.
Con estes novos modems, Samsung pretende contribuír ás melloras das comunicacións móbiles nos vindeiros anos, aínda que inciden en que a aposta polas comunicacións LTE non implica que deixen de lado o WiMAX (especialmente en Corea, onde teñen xa contan con novas solucións WiBro).

PUBLICIDADE