R quere entrar no mercado da telefonía móbil 4G

luns, 13 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Está previsto que a primeiros de 2009 se reestruturen as frecuencias de telefonía móbil, concedéndose 3 ou 4 licenzas con ámbito autonómico para fomentar a competencia, e dende La Voz de Galicia confirman que a operadora galega R estaría interesada en explotar a banda de frecuencias entre os 2.500 e 2.690 MHz para dar servizos de telefonía móbil de cuarta xeración (LTE).
Dende R sosteñen que a rexionalización permitiría o investimento en infraestruturas en zonas nas que as operadoras estatais non están interesadas, polo que de apostarse dende a operadora galega pola telefonía móbil 4G se podería reducir a fenda dixital do rural galego, xa se abriría unha nova porta de acceso á banda larga pola vía das comunicacións móbiles (lembremos que o acceso á Internet a través de 3G xa goza de grande popularidade en España).

PUBLICIDADE