R proba as comunicacións 4G en Galicia coa tecnoloxía de Alcatel-Lucent

xoves, 14 de marzo do 2013 Redacción

Alcatel-Lucent e o operador galego R levaron a cabo un piloto de tecnoloxía 4G coa idea de avanzar aínda máis nos novos servizos de comunicacións e lecer de nova xeración como o vídeo baixo demanda, catch up TV e o acceso móbil a Internet.
R, que obtivo en 2011 unha licenza de 4G na banda dos 2,6 GHz con 10 Mhz de largo de banda, estuda as posibilidades de aproveitar todo o potencial das novas tecnoloxías para maximizar a oferta aos seus clientes con este investimento.
Coa solución LTE, Alcatel-Lucent proba con R as capacidades desta tecnoloxía para proporcionar en ámbitos urbanos e semi rurais servizos como redes privadas virtuais e conectividade Internet para as empresas, acceso sen fíos para usuarios residenciais e servizos de revenda de conectividade, principalmente backhaul móbil para operadores móbiles.
O piloto inclúe cobertura LTE en tres áreas de Galicia, con macro celas en versións FDD e TDD. As probas de usuario demostraron velocidades de baixada de máis de 50 Mbps e unha experiencia de usuario satisfactoria para usuarios nómades e móbiles e tamén se demostraron as capacidades das solucións IP de Alcatel-Lucent para optimizar a infraestrutura de transporte compartida polas redes móbiles e empresariais.

PUBLICIDADE