R lanza o seu novo servizo de telefonía móbil

martes, 20 de novembro do 2007 Raquel Noya

Con motivo do seu oitavo aniversario, R, o operador galego de comunicacións por fibra óptica vén de facer realidade o soño de moitos dos seus clientes: lanzar un servizo de telefonía móbil que aproveita as súas propias infraestructuras.
Entre outas cousas, con esta iniciativa R simplifica e rendibiliza as comunicacións dos seus clientes, que recibirán unha única factura e resolverán tódalas súas necesidades cun único centro de atención ó cliente, garantindo a mesma calidade que no resto dos servizos integrados que o operador presta a través da súa rede de fibra óptica.
Aínda que nunha primeira fase, a compañía galega vaise dirixir ós seus actuais clientes como mercado prioritario, posteriormente, a oferta abrirase a calquera persoa interesada en contratar o servizo de móbil R.
Segundo indicaron os responsables da compañía, “arestora están a facerse as primeiras probas cun grupo duns 500 clientes e a partires do vindeiro 3 de decembro xa se poderá contratar o servizo ofertado”.
O feito de que R dispoña da súa propia infraestructura facilita a función de diferenciación da competencia no mercado, ó tempo que lle permite innovar e ofrecer un servizo de óptima calidade por enriba doutros operadores que dependen enteiramente de redes e sistemas de terceiros.
Tarifas, terminais e servizos
Entre as vantaxes que R lles ofrece ós novos clientes de móbil R atópase a posibilidade de chamar a 0 céntimos/minuto a tódolos móbiles e fixo do mesmo contrato se son clientes de móbil e fixo e a 3 céntimos/minuto se son clientes de só móbil.
A tarifa para tódolos demais móbiles e fixos de R é de 3 céntimos/minuto máis o custo de establecemento de chamada de 15 céntimos.
Asemade, a isto hai que engadirlle o que R denomina Tarifas flexibles e decrecentes, que consisten en que a maior consumo de chamadas e de mensaxes enviados, maior diminución automática das tarifas sen que o cliente teña que facer nada.
Outra das vantaxes da contratación deste novo servizo é o variado abano de terminais avanzados das marcas Nokia, Motorota e Sony Ericsson, que incorporan toda a gama de servizos de telefonía móbil existentes e que R lle ofrece ós seus clientes dende cero euros.
Por outra banda, R amplía agora a súa actual oferta de servizos dirixidos a empresas e profesionais co lanzamento de tarifas combinadas de datos en banda ancha e 3G e potenciación de aplicacións como o correo electrónico e ferramentas de produtividade persoal e, en xeral, o actual catálogo de servizos de aloxamento avanzado e data center de R.
Non é de extrañar que esta empresa galega siga medrando na comunidade, onde máis dun millón de persoas e 120.00 empresas se benefícian dos seus servizos.
Parabéns para R e para tódolos seus clientes por estes oito anos de iniciativas e logros e a seguir así.

PUBLICIDADE