Incidencia no servizo de Movistar na provincia de A Coruña
xoves, 13 de agosto do 2009
Un fallo nas
redes de Telefónica fixo que centos de clientes de Movistar non puideran
utilizar os seus teléfonos móbiles durante parte da mañá de onte na provincia
de A Coruña, de xeito que non podÃan establecer chamadas non só con outros
clientes de Movistar, senón tamén con teléfonos fixos a números doutras
operadoras de telecomunicacións.
Dende La Voz de Galicia aseguran que a
operadora non precisou a orixe da avarÃa, polo que non podemos
precisar o alcance da incidencia, aÃnda que pola tarde as comunicacións xa
estaban totalmente normalizadas.