Ponteareas, Tomiño e Cuntis terán redes públicas sen fíos para o acceso á Internet

luns, 27 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O pasado venres falamos de que a Consellería de Innovación e Industria achegaría redes sen fíos a Curtis, Muxía e San Sadurniño, e este luns tocoulle ós concellos de Ponteareas, Tomiño e Cuntis incorporarse a este proxecto de implantación de redes de comunicación de acceso público en Galicia, para o que se contará cun investimento total de 1.165.000 euros.
Fernando X. Blanco, conselleiro de Innovación e Industria, asinou os pertinentes convenios cos alcaldes das 3 vilas mencionadas, achegando a cada unha das mesmas máis de 83.200 euros para a creación de redes Wi-Fi, WiMAX ou mixtas, así como centros de dinamización e formación nas TIC.

PUBLICIDADE