Piden a Yoigo que fale galego

venres, 29 de decembro do 2006 Marcus Fernández

A Ciberirmandade da Fala iniciou unha campaña na que denuncia que o novo operador de telefonía móbil, Yoigo, ignora o galego mentres ofrece servizos tanto en español coma en catalán, euskera e mesmo inglés e insta ós potenciais usuarios da compañía a que remitan unha mensaxe por correo electrónico á nova empresa (a través dun formulario na súa web) de xeito que solicitan a Yoigo que ofreza servizo de atención ó cliente en galego (suxerindo tamén o uso de galego noutros ámbitos como a publicidade, a páxina web corporativa, etc.).
Esta iniciativa da Ciberirmandade está xa a ser escoitada e promovida dende a Mesa pola Normalización Lingüística ou o sistema de edición non xerárquica de Chuza!.

PUBLICIDADE