Panasonic incluirá Picasa e YouTube nos seus televisores

xoves, 10 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Panasonic chegou a un acordo con Google de xeito que achegan o servizo de vídeo de YouTube e os álbums fotográficos de Picasa ós televisores VIERA de alta definición mediante o que chaman VIERA CAST, tecnoloxía que mediante unha elegante interface permite navegar polos vídeos de YouTube e as fotografías de Picasa dende a comunidade do televisor do salón.
O primeiro televisor con esta prestación será o Panasonic VIERA PZ850, que segundo Toshihiro Sakamoto, presidente de Panasonic, é «a primeira vez na que os consumidores normais poderán ser capaces de gozar de xeito doado dos vídeos de YouTube dende o salón coa calidade avanzada dunha experiencia de televisión panorámica totalmente integrada».
Os novos televisores chegarán ó mercado en primavera.

PUBLICIDADE