Os videoxogos e outras mostras de lecer alternativo centrarán as actividades da vindeira edición de Hobbycon

luns, 11 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Para que os afeccionados dun amplo abano de lecer alternativo (anime, manga, xogos de mesa, banda deseñada, videoxogos...) o recinto de PALEXCO na Coruña vai ser o escenario entre os vindeiros días 14 e 17 dunha nova edición de Hobbycon, unha feira multidisciplinar consolidada cunha importante presenza da tecnoloxía, non só a través dos torneos de videoxogos, senón tamén co actividades sobre drons, impresións 3D, light painting, efectos especiais, un divertido duelo de robots... sendo especialmente salientable a presenza de Enrique Colinet Baxayaun, deseñador de niveis para xogos como Spec Ops: The Line ou Dead Island 2, e locutor e actor de dobraxe (que, entre outras cousas, puxo voz ao protagonista de Unepic).
A vindeira edición da Hobbycon abrirá as súas portas o xoves ás 12:00 horas, e entre as actividades do día podemos destacar os torneos de Mortal Kombat X (PS4) e Pokken Tournament (Wii U) ás 15:30 e 17:00 horas respectivamente. Das actividades do venres podemos destacar o torneo de League of Legends que desenvolverase de 13:00 a 21:00 horas, os torneos de Just Dance (Wii U) e FIFA 16 (PS4) ás 15:00 e 17:30 horas respectivamente, un torneo de Super Smash Bros. (Wii U) por parellas ás 18:00 horas, a charla sobre desenvolvemento de videoxogos de Enrique Colinet ás 18:30 horas e a charla sobre impresión 3D de RQ Studio ás 20:30 horas.
A xornada do sábado é tamén bastante variado, cunha charla sobre efectos especiais ás 13:30 horas e outra sobre fandub ás 17:30 horas, torneo de League of Legends de 13:00 a 21:00 horas, exhibición de Overwatch de 13:00 a 21:00 horas, e tamén torneos de Super Street Fighter IV (PS4) e Super Smash Bros. (Wii U) en individual ás 17:00 e ás 16:30 horas respectivamente.
Na derradeira xornada de Hobbycon terán lugar torneos de League of Legends e Mario Kart (Wii U) que comezarán ás 13:00 horas, torneo de Tekken Tag Tournament 2 (PS3) que comezará ás 14:00 horas, podendo considerase un día cun ritmo máis relaxado de actividades x que de 17:00 a 20:00 horas acollerá un concurso de cosplay, actividade de asistencia masiva que é das máis destacadas deste tipo de encontros.
Para poder acudir ao evento hai que aboar 5 euros cada día ou 15 euros polos 4 días, aínda que cómpre salientar que durante a xornada do domingo os asistentes que acudan vestindo cosplay poderán acceder ao recinto de balde. No lateral dereito do PALEXCO tamén será posible acceder a unha sala de exposicións con acceso de balde durante os catro días da convención.

A continuación presentamos o programa completo de actividades:

PUBLICIDADE