O xogo español Unepic estrea versión para Xbox One

martes, 12 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Resulta esperanzador ver como xogos independentes españois conseguen cruzar fronteiras e publicarse en distintas plataformas, de xeito que o Unepic de Francisco Téllez de Meneses, desenvolvido inicialmente para PC, e que grazas á colaboración do estudio catalán EnjoyUp Games deu o salto a Wii U hai un par de anos, repite agora a xogada, e estrea versión para Xbox One, polo que consegue entrar nas consolas de nova xeración por todo o alto, ofrecendo o xogo a 9,99 euros (mentres que a versión para PC está á venda por 12,99 euros).
Unepic é unha mestura de xogo de plataformas e rol, con bastantes toques de humor, que transcorre nun enorme castelo de fantasía medieval ao máis puro estilo dos anos 80, pero con características actuais. Este xogo de acción conta con 200 habitacións a explorar, 7 xefes, 70 feitizos, 100 armas, 4 niveis de dificultade e 3 finais, destacando por contar con voces en español.

O xogo, moi oitenteiro, goza dun grande número de habitacións a explorar

PUBLICIDADE