Os novos produtos de Xiaomi esgotáronse en menos de 2 minutos

mércores, 16 de outubro do 2013 Marcus Fernández

O fabricante chinés Xiaomi puxo onte á venda o seu novo smartphone Xiaomi 3 (Mi3) e o seu televisor Xiaomi TV (MITV) conseguindo que estes dispositivos presentados hai pouco máis dun mes volvesen a repetir o éxito doutros produtos da compañía, esgotándose as existencias da súa tenda en liña en tempos mínimos, de xeito que en 1 minuto e 26 segundos esgotaron as 100.000 unidades do seu novo smartphone e nun minuto e 58 segundos pasou o mesmos cos seus primeiros 3.000 televisores.
Esta compañía centra as súas vendas a través da Rede, e xa no verán conseguiu esgotar as súas primeiras 100.000 unidades do seu smartphone máis asumible (custaba uns 97 euros) en só 90 segundos. En vista desta elevadísima demanda interna parece improbable que vaiamos ver pronto o seu desembarco internacional, aínda que a compañía está interesada en facer tal, como demostrou ao fichar a Hugo Barra, anterior vicepresidente da división de Android de Google.

PUBLICIDADE