Os envíos de spam e phishing incrementáronse de novo en abril
martes, 18 de maio do 2010
As mensaxes de spam e phishing
realizados dende os servidores web de EEUU, representaron no pasado mes de
abril, segundo informan dende Symantec, “o
42 por cento da distribución global de correo malicioso no noso país, aínda que
o 26 por cento foi orixinado en outras rexións”.
A compañía de seguridade informática
achega estes datos referentes ao estado do phishing
mundial no pasado mes de abril e neles detéctase que os phishers obtiveron a información a partir dos números da Seguridade
Social e dos nomes de usuario e as súas contrasinais, porén tamén dos números
das tarxetas de crédito, dos códigos de verficación destas e das direccións de
correo electrónico.
Malia que os envíos deste tipo de correo se
reduciran nos últimos meses, en abril os spammers
centráronse en introducir as mensaxes de spam
a través das ligazóns das URL, incrementando así as súas oportunidades de éxito
mediante a redirección.
Symantec detectou tamén que os phishers, a través de mensaxes sobre a satisfacción do
cliente, podían atacar as grandes compañías de comida rápida. Outro ataque dos spammers tivo
lugar a partir do día da nai, mediante o envío de mensaxes de spam sobre
produtos, como flores e tecnoloxía para regalar.