Orange prepara unha tarifa para o uso intensivo de redes sociais no móbil

martes, 24 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Ante a demanda crecente dun grande volume de datos a través do móbil os operadores de telefonía buscan solucións orixinais para poder clientes, como a nova tarifa Colibrí, que estreará Orange o vindeiro 6 de abril, coa que busca satisfacer especialmente a mozos con grande actividade en redes sociais, de xeito que por 11,95 euros/mes ofrécelles 1 GB de datos en 4G e chamadas a 0 céntimos/minutos, pero contando cunha interesante novidade: o tráfico de Facebook e Twitter mediríase de xeito separado, tendo un límite de navegación de 10 GB.
Estamos ante un interesante xeito de espallar as vantaxes do 4G entre os usuarios máis mozos. Lembremos que actualmente Orange ten esta nova xeración de telefonía móbil implantada en máis de 700 localidades españolas, chegando así a máis do 70% da poboación, prevendo chegar ao 85% da poboación ao longo do presente ano, cando estiman que a súa rede 4G estará presente nuns 1.300 municipios (incluíndo todos os de máis de 10.000 habitantes).

PUBLICIDADE