Orange completa a compra de Simyo

venres, 14 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Finalmente Orange pechou a compra de SImyo á holandesa KPN por uns 30 millóns de euros, de xeito que este Operador Móbil Virtual (OMV) pasa a depender de France Télécom, operación que aseguran que non vai afectar ao funcionamento da compañía, que conserva tarifas, persoal, promocións... mantendo a mesma filosofía que os levou a ter éxito durante estes últimos 5 anos.
Con esta compra Orange tería xa dúas marcas de telefonía móbil de baixo custo (lembremos que recuperou Amena hai pouco) e continúa así a facer fronte ás tarifas máis agresivas doutros OMV, así como outros operadores móbiles que nos últimos meses están lanzando promocións destinadas a captar clientes a outras compañías.
Aínda que o cadro de persoal de Simyo non mudará a curto prazo, si cambia a súa cara visible, cesando na dirección xeral Fernando Reymundo, que será substituído por Carlos Guri, actual director de captación de negocio móbil de Orange.

PUBLICIDADE