O USB 3.0 queda na cuarta parte da súa velocidade prometida

xoves, 8 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Prototipo de disco duro USB 3.0

As especificacións para os portos USB 3.0 non levan nin dous meses publicadas, e estes días xa se puido ver que as velocidades que permitirá o novo protocolo non pasan de ser unha meta ou intención, xa que un prototipo de disco duro USB 3.0 presentado no CES de Las Vegas só conseguiu unhas velocidades de 1.320 Mbps (165 Mbytes/seg.) de lectura e 1.000 Mbps (125 Mbytes/seg.) de escritura, de xeito que se dobrarían as velocidade actuais do USB 2.0, pero estariamos lonxe dos 4,8 Gbps (600 Mbytes/seg.) que estarían marcados polo novo estándar.
A velocidade definida polo novo estándar estaría lonxe de ser unha realidade, aínda que a mellora de velocidade inicial xa é moi boa, como tamén mellora a eficiencia enerxética, polo que para o ano que vén os produtos USB 3.0 parece que serán ben recibidos polos usuarios.

Resultados das probas de velocidade realizadas co prototipo de disco duro USB 3.0

PUBLICIDADE