O Medion Akoya Mini comezará a venderse en España o 15 de xullo

luns, 7 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O ultraportátil xermano Medion Akoya Mini, que a finais de abril comezou a distribuírse por outros países europeos chegará a partir do 15 de xullo a tendas españolas coma Media Markt, PC City e El Corte Inglés, onde se venderá a 399 euros.
O portátil ten unha pantalla de 10 polgadas que funciona cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, 1 Gb de RAM, disco duro de 80 Gb, Wi-Fi, webcam e lector de tarxetas de memoria. O seu peso é de 1,2 quilogramos e se venderá con Windows XP preinstalado incluíndo tamén o paquete Corel WordPerfect Office X3.

PUBLICIDADE