O Instituto Cervantes xa se pode visitar en Second Life

martes, 17 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Moitas empresas do mundo físico como a axencia de novas Reuters ou a galega Inditex dan o salto ó mundo virtual de Second Life como un xeito máis de chegar ó seu público, e agora é o Instituto Cervantes o que fai o propio, contando cunha illa neste sistema tridimensional na que se recreou o emblemático edificio da calle Alcalá de Madrid e albergando salas de exposicións, un salón de actos, pantallas de vídeo e aulas virtuais que se converterán un novo xeito de interactuar coa institución.

View this video file


Vídeo de presentación do Instituto en Second Life

Os internautas de todo o mundo que estean interesados na lingua e cultura españolas poden agora acudir ó Instituto Cervantes en Second Life, onde se poden ver exposicións, ver e escoitar entrevistas e documentais e acceder á programación cultural do Insituto.

Para que os visitantes a este novo espazo virtual poidan vivir mellor a súa experiencia poderán adquirir na tenda do Instituto disfraces para os seus avatares, de forma que poderán aparentar ser personaxes coma Don Quixote ou o seu escudeiro, Sancho, aínda que a meirande parte dos usuarios se limitarán con vestir unha camisola co logotipo do Instituto Cervantes.

PUBLICIDADE