O Concello de Terrassa interésase pola tecnoloxía galega

luns, 5 de maio do 2008 Raquel Noya

Os responsables de Servizos Sociais e de Servizos Informáticos do concello barcelonés de Terrasa vanse achegar a Galicia, concretamente este martes 6 de maio, para coñecer de primeira man os sistemas de xestión de procedementos administrativos postos en marcha pola empresa galega eLaboro en diversos organismos.
A área de servizos sociais de Terrasa ten especial interese en aplicar o modelo xa existente en diferentes unidades da administración pública galega, tanto na Xunta como nos distintos concellos (Pontevedra, Ames...) co obxectivo de poñelos en marcha “de xeito inmediato” na súa localidade.
Entre outras cousas, os técnicos do devandito concello barcelonés achegaranse á Dirección Xeral de Xuventude, onde afondarán no funcionamento do sistema multicanle de publicación de información (www.xuventude.net), un dos traballos de eLaboro que máis lles chamou a atención en Terrassa.

PUBLICIDADE