O 21 celébrase na Cidade da Cultura unha xornada estatal centrada nos nomes xeográficos e o mundo dixital

xoves, 14 de setembro do 2023 S. P.

Comezou a conta atrás para o gran encontro estatal arredor da toponimia e as novas ferramentas da información, que ten a Galicia e a súa inxente riqueza toponímica como protagonistas nesta nova edición. Será o 21 de setembro na Cidade da Cultura de Galicia cando se celebre a VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos, co título Os nomes xeográficos e o mundo dixital. A Xornada está organizada pola Comisión Especializada de Nombres Xeográficos e o Instituto Geográfico Nacional, en colaboración coa Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e a Real Academia Galega.
Segundo explican as entidades responsábeis do encontro, os nomes xeográficos son o reflexo do proceso de humanización e caracterización do territorio, así como da evolución da paisaxe ao longo da historia. E engaden: “Os topónimos son o sangue vital da cartografía, pois describen unhas categorías físicas e culturais a múltiples escalas, e forman unha parte fundamental do noso patrimonio cultural inmaterial, polo que é necesario conservalos, normalizalos e difundilos usando as novas tecnoloxías co obxectivo de proxectalos cara ao futuro”.
A organización do evento porá o foco nos recursos dixitais adaptados aos novos retos da sociedade actual que nos permiten fomentar o uso da toponimia normalizada e aproveitala para a investigación en diversas disciplinas ou para a xestión do territorio.
Programa provisional
Xoves 21 de setembro
09:30 – 10:00 Inauguración por parte de autoridades e de organizadores
10:00 – 11:30 Primera sesión científica (3 relatorios que determinará a organización)
11:30 – 12:00 Descanso. Café. Convite da organización
12:00 – 13:30 Segunda sesión científica (3 relatorios que determinará a organización)
13:00 – 16:00 Xantar (libre)
16:00 – 17:30 Terceira sesión científica (3 relatorios que determinará a organización)
Propostas de comunicación aceptadas
Galicia Nomeada: toponimia colaborativa
Vicente Feijoo Ares
Últimos avances no Nomenclátor Xeográfico de Andalucía
Mª Teresa Garrido Borrego
A toponimia en mapas antigos como ferramenta para trazar a súa liñaxe: A transmisión do topónimo “Elcano” na cartografía dos séculos XVI-XVII
Marcos F. Pavo López
O nomenclátor xeográfico das Illes Balears e el visor de xestión, actualización e consulta
Eulàlia Fons Carbonell
Innovacións no Nomenclátor do INE
Mª Natalia Fojo Diaz
Elaboración da segunda edición das Directrices toponímicas de uso internacional para editores de mapas, cartas náuticas y otras publicaciones
Maite Mollà Villaplana
Proceso de normalización da toponimia xeográfica no Principado de Asturias
Juncal Mónica García Velasco
O novo visor do Nomenclátor Geográfico Nacional
Angélica Castaño Suárez
Esta xornada está dirixida ao público en xeral co interese no tratamento dos nomes xeográficos. A asistencia é gratuíta previa inscrición, ata completar o aforo. O prazo para anotarse remata o 11 de setembro de 2023.

PUBLICIDADE