O 1 de xullo reduciranse os prezos do roaming na Unión Europea

mércores, 28 de marzo do 2012 Marcus Fernández

A Comisión Europea acadou un acordo final sobre a norma que obrigará a rebaixar as tarifas que poden cobrar as compañías de telefonía polo uso de Internet móbil no estranxeiro establecendo uns prezos máximos que entrarán en vigor o 1 de xullo. Deste xeito, a partir deste verán a transferencia de 1 Mbyte de información no estranxeiro non pode cobrarse a máis de 70 céntimos, reducíndose tal cantidade a 45 céntimos ao ano seguinte e a 20 céntimos o 1 de xullo de 2014, evitando así que os usuarios síntanse estafados cando o seu teléfono conéctase á Internet cando están de viaxe.
As chamadas de voz en itinerancia tamén terán un prezo máximo por minuto de 29 céntimos o 1 de xullo de 2012 e 19 céntimos en 2014; no caso das mensaxes de texto, non poderán superar os 9 céntimos a partires do 1 de xullo de 2012 e os 6 céntimos a partir do 1 de xullo de 2014 (o que resulta especialmente rechamante, pois faría que en moitos casos resultase máis económico mandar unha SMS a España dende o estranxeiro que dende o propio país).
Aínda que estas medidas beneficien aos consumidores, dende FACUA continúan a pensar que cobrar 70 céntimos + IVE por cada Mbyte descargado é totalmente desproporcionado e supón “unha inaceptable concesións ás telecos que traducirase en graves prexuízos económicos para os usuarios que naveguen no estranxeiro”. As tarifas que imporá a Unión Europea incluso son superiores ás que agora aplican algunhas compañías.

PUBLICIDADE