Nun par de meses chegarán a Europa os móbiles desbotables de Hop-on

luns, 14 de abril do 2008 Marcus Fernández

O fabricante norteamericano Hop-on anunciou que un distribuidor europeo lle encargou 10.000 terminais do seu móbil desbotable, que custarán uns 13 euros cada un e que se poderán tirar (ou reciclar) tralo seu uso.
Estes económicos móbiles non teñen pantalla LCD e funcionan nas bandas de 900 e 1.800 MHz, e están pensados para rapaces e xente que está de viaxe.
Os móbiles chegarán a Europa nuns 60 días, no que esperan que sexa unha experiencia piloto, para ver a acollida destes dispositivos.

PUBLICIDADE