Novo número da nosa edición impresa

luns, 16 de decembro do 2019 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega abordamos a efervescencia do comercio electrónico coa chegada do Nadal, falamos da calidade de servizo das operadoras de telecomunicacións e conversamos con Nieves Brisaboa, Premio Nacional de Informática, sobre a necesidade de máis vocacións femininas no mundo da informática. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Youtubeir@s entrega os seus galardóns
– A colección de arte da Fundación María José Jove estrea aplicación móbil
– A Deputación de Lugo intégrase na Rede de Destinos Intelixentes
– Henrique Neira achéganos á memoria dixital das laranxas medicinais
– O CITIC aposta forte polas tecnoloxías que favorezan a inclusión e a accesibilidade
– Toponimízate remata o ano de xira pola nosa terra
– Vodafone presentou o seu terceiro informe sobre transformación de empresas galegas
– Balidea impulsa unha revolucionaria tecnoloxía para incrementar a seguridade viaria con IA
– O Black Friday e o Nadal constátanse como o repunte anual da actividade do ecommerce
– Papá Noel volverá falar cos nenos galegos a través de videoconferencia (nas aulas CeMIT)
– O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia renova a súa directiva
– Avanza a consulta para despregar fibra óptica na zona vella de Santiago
– Increméntase o número de fogares que contan con acceso a Internet no rural

PUBLICIDADE